viernes, 7 de septiembre de 2012

Para todos aqueles...

Para aqueles que están sós, para aqueles poetas ou non poetas, que non teñen e dan, que queren recibir, que queren dar pero non reciben nin teñen a quen dar. A todos aqueles que choran a soas, que choran con xente, que choran en silencio. A todos aqueles que rin cando poden e que eternizarían esa risa sabendo que é mera brisa. A todos aqueles que aman a vida, vívena, mórrena e que sofren porque a queren e senten que non a teñen. Espero que todos aqueles aos que lles dou un bico coas miñas bágoas ou se queren máis! as que desexen!. Espero que todos eles existan e que en silencio e sen coñecernos, polo menos, preto ou lonxe, sintamos no mesmo momento; en silencio e sen coñecernos, polo menos, existir nos meus pensamentos, espero, parecidos aos vosos. Só para sentirme menos soa, máis humana, menos morta, máis amada. 2002, Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario