lunes, 24 de septiembre de 2012

Amor.

3 número 3
brillan en cada esquina
3 soamente 3
verán a luz cando escribas.

Porque me doe un corazón ausente
máis non pode ser doutra maneira
O sino xuntounos para sentir
a felicidade eterna por uns intres
máis non é suficiente
e choro porque así é
e son feliz se ti o es.


3 número 3
brillan en cada esquina
3 soamente 3
verán a luz cando escribas.

E é que a túa sensibilidade
arrebata o meu corazón
os teus ollos cheos de bágoas
limpan o mal de soidade e ambición.

E unha botella torcida
para unha bella alma.




1 comentario:

  1. SEN MANS, COMO OS ÁRVORES (Unha nom-resposta)

    funambulista cheo de piedade
    polo arco voltaico da túa mirada
    coa boca chea de pajaros
    e un rumoreo como o teu soño

    É imposible vivir sen amar
    e menos cando a noite sorpréndeche
    como un animal que che tingue a alma
    ata borrarche, e quero arrincarme os ollos
    e o camiño comeuse os teus pasos
    e non hai pedra para tombarme
    e cedo o regreso aos deuses
    pois un pánico perfecto
    fai cachizas todos os nomes.

    ResponderEliminar