viernes, 2 de noviembre de 2012

6!6

Ahora,cuando los pájaros adivinan su cementerio Y el despertar de un hombre su guarida La vida sigue Con el hambre en los zapatos y el deseo de una flor en la frente.

viernes, 26 de octubre de 2012

Transplante

O medo é cuspir para arriba e un non apartarse. A forza de mirar ao frente e escoitar unha voz que non ten letras. Unha honra. Un devenir. Un mar seco. Unhas barcas a carón dun mariñeiro que chora. Un deserto sen alas Unha bandeira sen Estado.

viernes, 19 de octubre de 2012

"P" de Portishead en Vigo

Un poema

"quero dereito de autodeterminación da miña habitación convoquei un referendo mais como son abstencionista tivéronse que repetir as eleccións nun bucle infinito ante tal situación fixen loita armada contra min mesmo e practiquei terrorismo de estado de igual maneira pactei unha trégua co alter ego e ahora estou en proceso de paz indefinido." minus-bálido (alfonso rodriguez) ourense, 1973

miércoles, 17 de octubre de 2012

De volta ao mar.

A dúbida dun corazón extraviado bombea con alas o naufraxio dun surfista que nunca probou as olas. Un barco de vela chama a morte nunha orilla esquecida. E din que o mundo é moldeabel.